OUTUBRO
Do 19 ao 21 e do 26 ao 28

O PROXECTO “ANGUÍA DO XUVIA”

A anguía ten unhas cualidades que a diferencian doutras especies: un sabor moi característico e unha textura que varía segundo a preparación así como unas excelentes propiedades nutricionais, ademais dun ciclo biolóxico singular que a particulariza e diferencia do resto das especies.

Existe un mercado da anguía moi amplo e un inimigo evidente: o ser humano e a actividade contaminante dos seus hábitats. Afortunadamente, o saneamento da ría estase a notar xa na calidade das augas e é de esperar que a biodiversidade se vexa favorecida por este proceso. Cómpre un labor de concienciación para podermos seguir gozando deste manxar e un labor de divulgación das seas cualidades e das inmensas posibilidades como produto gastronómico diferencial e de calidade vencellado á ría de Ferrol e moi concretamente ao concello de Narón que está empeñado en reactivar a súa presenza, especialmente no ámbito hostaleiro.

A través da área de Promoción Económica, o Concello naronés lidera unha iniciativa dirixida a recuperar a anguía como recurso gastronómico na zona do Xuvia, creando para tal fin unha marca e una imaxe gráfica baixo a cal se desenvolven todas as accións de difusión. A celebración dun primeiro obradoiro en 2017 sobre as posibilidades de preparación deste produto e a posta en marcha da Semana da Anguía, coa participación activa dunha ducia de establecementos hostaleiros que durante esta semana diversas propostas ofreceron nas que este peixe foi protagonista, acadando unha extraordinaria acollida entre o público, supón a constatación de que existe un mercado por explotar e que pode constituír unha oportunidade de negocio do sector hosteleiro local e comarcal, sempre no marco da sustentabilidade do recurso.

No ano 2018 reedítanse as actividades de promoción e divulgación das potencialidades desta especie, materializadas en obradoiros prácticos e en xornadas gastronómicas nas que a anguía é a protagonista dos establecementos de hostalería naroneses que se unen á iniciativa, apoiada, ademais de polo Concello de Narón a través do Club Narón Gastronómico, pola Xunta de Galicia (Consellería do Mar), a Unión Europea, o Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte e a Confraría de Barallobre.

Obradoiros

Ofrecer a mellor imaxe posible do sector, dotando aos profesionais dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que poidan ampliar a súa oferta gastronómica, é o principal obxectivo do Obradoiro sobre a Anguía que organiza a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Narón, dentro das accións previstas polo Club Narón Gastronómico.

O curso abrangue 2 horas de formación de 17.00 a 19.00 horas o día 16 de outubro, no Centro de Formación Irmás Froilaz, no Polígono da Gándara, que serán impartidas por Roberto Filgueira, membro do Grupo Nove, cociñeiro e propietario de O Balado Marta e Roberto, establecemento incluído na prestixiosa Guía Michelin entre os Bib Gourmand, e definido como “Singular, auténtico, distinto… Cociña de calidade elaborada con esmero.”

XORNADAS DA ANGUÍA

Martes 16 de outubro

Obradoiro para profesionais de 17 h a 19 h

Xoves 8 de novembro

Presentación do Proxecto Anguía do Xuvia con degustación, no Café Teatro do Pazo da Cultura ás 19 h (Entrada libre ata completar aforo)

 

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

Anacos
Estrada de Castela, 354
15572 Narón

A Grella dos Avós
Estrada Sedes-O Carballo, 21
15407 Narón

A Roldana
Pol. Río do Pozo – Bernardo Romero, parcela 3
15578 Narón

A Trasanquesa
Feira do Trece, s/n
15596 Narón

El Refugio
Avda. Souto Vizoso, 21
155572 Narón

Gastrobar Piñeiros
Río Vespasante, 20
15570 Narón

7 Santiños
Avda. Malde Vizoso, 25
15570 Narón

Hotel Valcarce
Avda. Gonzalo Navarro, 134
15540 Narón

Mamá Flora
Linares Rivas, 26
15570 Narón

Mesón O Pío
Estrada de Castela, 532
15572 Narón

Nueva Orleans
Av. de Cataluña, 37
15570 Narón

Restaurante Marcial
Río Pereiro, 6-8
15570 Narón

Restaurante Carballo
Lg. Vista Alegre, Doso
15597 Narón

3Pés
Estrada de Castela, 272
15570 Narón

Proxecto Anguía do Xuvia

Martes 16 de outubro

Obradoiro para profesionais de 17 h a 19 h

Xoves 8 de novembro

Presentación do Proxecto Anguía do Xuvia con degustación, no Café Teatro do Pazo da Cultura ás 19 h (Entrada libre ata completar aforo)

+info

T

981 337 700 [ext. 1063]

@

clubnarongastronomico.naron.gal
narongastronomico@naron.es

F

@NaronGastronomico